Galicia supera os 11 mil casos

Galicia supera os 11 mil casos
Galicia supera os 11 mil casos

A día de hoxe hai 10.946 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.086 deles 1.898 son da área da Coruña, 1.023 da de Lugo, 2.014 da de Ourense, 1.879 da de Pontevedra, 2.490 da área de Vigo, 1.357 da de Santiago e 425 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 119 en unidades de hospitalización e 10.946 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 128.174 persoas curadas, rexistrándose 2.442 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.468.140.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.281.726.

Comentarios