Denuncian o despido de dous radiólogos do CHUS con máis de 6 mil pacientes en lista de espera

Denuncian o despido de dous radiólogos do CHUS con máis de 6 mil pacientes en lista de espera
Denuncian o despido de dous radiólogos do CHUS con máis de 6 mil pacientes en lista de espera

Así o denuncia a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS que hai uns días xa alertaran da situación de colapso e falta de atención no servizo de radioloxía do centro de saúde Concepción Arenal de Santiago

Desde a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncian que no pasado mes de xuño a xerencia despediu a dous radiólogos do clínico compostelán a pesar de contar con 6.144 pacientes en lista de espera para a primeira proba radiolóxica, segundo os últimos datos oficiais publicados polo SERGAS a 31/12/2020, e con miles de pacientes agardando para a segunda e sucesivas probas.

"O despedimento deste persoal sanitario vai ter consecuencias directas no aumento dos tempos de espera dos pacientes que estamos pendentes unha proba radiolóxica e vai supoñer unha demora na elaboración dos informes que son imprescindibles para poder emitir un diagnóstico e comezar o correspondente tratamento. Deixarán de facerse miles de estudos radiolóxicos ao ano", apuntan. 

De igual maneira, vai afectar ao seguimento dos pacientes con doenzas graves e invalidantes que precisan un control periódico da evolución do seu estado de saúde. "Non resulta tolerable que mentres miles de persoas, en virtude dun criterio médico, demandan a realización de probas diagnósticas esenciais, os responsables sanitarios manteñan salas de raios pechadas, que estarían abertas e en funcionamento de non se producir estes despedimentos", sinalan.


Comentarios