Asinados os convenios coas asociacións de comerciantes para a posta en marcha do bono-aparcamento

Asinados os convenios coas asociacións de comerciantes para a posta en marcha do bono-aparcamento
Asinados os convenios coas asociacións de comerciantes para a posta en marcha do bono-aparcamento

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou este luns os covenios de colaboración con Compostela Monumental, Santiago Centro e Comercio Punto Compostela para o desenvolvemento dun programa de reactivación das compras mediante a entrega de bonos de aparcadoiro no marco do PRESS Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago.

O obxecto desta colaboración é o desenvolvemento dun programa de reactivación das compras mediante a entrega de bonos de aparcadoiro no marco do Plan de Reactivación Económica e Social municipal, deseñado para paliar os efectos económicos adversos derivados da pandemia ocasionada pola COVID-19.


Para elo, a Asociación Punto Compostela Centro Comercial Aberto, a Asociación de empresarios e profesionais centro comercial aberto Compostela Monumental e a Fundación Santiago Centro Área comercial distribuirán entre os establecementos comerciais que o soliciten, asociados e non asociados ás devanditas entidades, bonos de aparcadoiro dos aparcamentos da cidade cos que se chegue a acordo. A razón do convenio é que a facilidade no aparcamento actúa como un forte incentivo de atracción ás principais zonas comerciais urbanas fomentando así o ocio e o consumo dentro da propia cidade.

Para a colaboración na realización do programa obxecto deste convenio, o Concello de Santiago de Compostela con cargo ao seu orzamento xeral para o ano 2021, achegará un total de 100.000 euros repartidos do seguinte xeito: 38.000 euros para a Asociación Punto Compostela; e 31.000 euros para Compostela Monumental e para Santiago Centro, respectivamente.

No marco do convenio, consideraranse gastos subvencionables os derivados estritamente do desenvolvemento do programa, realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2021, data esta última, limite de xustificación. Entrarían, polo tanto, neste epígrafe a compra dos bonos de aparcadoiro procedentes dos distintos aparcamentos da cidade e as comisións bancarias ou gastos notariais ou de rexistro derivados da formalización de operacións de crédito realizadas para a dispoñibilidade pola entidade beneficiaria dos fondos precisos para o desenvolvemento do programa, ata un límite do 5% da contía da axuda prevista. 

Comentarios