Arrancan as Festas do Apóstolo 2021 co pregón de Cantigas e Agarimos

Arrancan as Festas do Apóstolo 2021 co pregón de Cantigas e Agarimos
Arrancan as Festas do Apóstolo 2021 co pregón de Cantigas e Agarimos

As Festas do Apóstolo 2021 botan a andar este martes 20, co pregón da Asociación Cantigas e Agarimos, que esta ano celebra o centenario da súa fundación. Será ás 21.30 h desde o balcón do Pazo de Raxoi.

A continuación, as actrices Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro deleitarán o público cos seus monólogos "Sen restricións", acompañas dos pregoeiros.


Arrancarán así preto de dúas semanas de concertos, monólogos, cine ao aire libre, circo, deporte, espectáculos para os máis pequenos e os xa clásicos cabezudos, Xornadas de folclore, tamén coa participación de Cantigas e Agarimos, torneo da chave, etc.

No que respecta aos concertos, aos escenarios habituais da Quintana e o Obradoiro súmanse o parque de Galeras, a praza de Mazarelos e o Palco de Música da Alameda, co obxectivo de recuperar a función inicial deste singular espazo. Por estes escenarios, con aforos reducidos por mor da pandemia, pasarán Iván Ferreiro, Luz Casal e a Real Filharmonía, Marlon, A Banda Municipal de Música, Ladilla Rusa ou Terbutalina, entre moitos outros.

Información sobre retirada de convites
Todas as actividades son de balde, agás o concerto do día 21 de xullo (Luz Casal & RFG) e os convites poderán retirase en apostolo2021.ataquilla.com (desde o día 12 de xullo para os espectáculos dos días 20 ao 25 de xullo e desde o día 16 de xullo para os espectáculos dos días 26 ao 31 de xullo). Reservarase unha portecentaxe (sobre o 25%) para a súa recollida no despacho de billetes do Teatro Principal do 12 ao 31 de xullo en horario de 17 h a 21 h. Os convites para "Cinema no parque" retíranse en cinemanoparque.gal a partir do 12 de xullo de 2021. Os convites para os concertos da BMMS do xoves 29 e sábado 31 de xullo, retíranse unicamente na billeteira do Teatro Principal.

Cada persoa poderá retirar dous convites, excepto para as actividades infantís da alameda e cinema no parque, que serán tres.

Para todas as actividades é preciso acudir cunha antelación de 30 minutos e é obrigatorio o uso de máscara. 
Comentarios