Adxudican o contrato de execución das obras de rehabilitación da Finca do Espiño por 1.425.000 euros

Adxudican o contrato de execución das obras de rehabilitación da Finca do Espiño por 1.425.000 euros
Adxudican o contrato de execución das obras de rehabilitación da Finca do Espiño por 1.425.000 euros

A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns o contrato denominado "Execución das obras de rehabilitación do palacete da finca do Espiño para equipamento municipal cultural e administrativo. Operación incluída na Estratexía de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado- EDUSI" a favor da empresa BAUEN EMPRESA CONSTRUCTORA SAU"; favor da empresa "Bauen Empresa Constructora SAU", por un importe de 1.425.922,9 euros.

Foi a oferta a máis vantaxosa das presentadas, xa que ademais, a maiores, compromete un xefe de obra técnico titulado superior con dedicación total, tres técnicos adicionais, a posta a disposición do Concello dun espazo habilitado para reunións, unha ampliación do prazo de garantía das obras de 5 anos, un incremento do 1% do orzamento de control de calidade e do programa de actuación ambiental, a creación e mantemento durante as obras dunha páxina web de información e a edición á finalización das obras dun libro co proceso e resultado final, a realización dun estudo xeotécnico para a comprobación da idoneidade dos cálculos e a realización de traballos de arboredo e axardinamento no entorno inmediato ao perímetro.


Esta actuación forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado do Concello de Santiago (EDUSI Santiago) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o expediente denominado "Prestación dos servizos de redacción do proxecto básico e de execución e dirección facultativa das obras do Centro Integral para a Inclusión Social,; e a apertura do procedemento de adxudicación, baixo a modalidade aberto, establecéndose un tipo de licitación de 105.629,13 euros.

Esta actuación forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado do Concello de Santiago (EDUSI Santiago) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 nun 80% sendo o 20% restante con cargo a dotación económica municipal.

Licenzas
Entre as licenzas aprobadas na Xunta de Goberno Local figura a da fase 11 do depregue da rede FTTH ORANGE / JAZZTEL na cidade histórica de Santiago de Compostela; que conta cun orzamento de execución material de 17.426,58 euros. Esta fase contempla o tendido da rede no ámbito que se describe a continuación:

-Rúa de Rodrigo de Padrón 3 e Rúa de San Clemente 13

-Quinteiro da Rúa de Valle Inclán, Costa de San Domingos e Rúa das Rodas.

-Rúa das Carretas (núm. pares).

-Rúa do Pexigo de Abaixo.

-Rúa do Pexigo de Arriba

-Rúa de Entrepexigos

-Rúa da Ensinanza (núm. 5 a 13)

-Ruela do Pisón

Tamén se acordou conceder á Universidade de Santiago de Compostela, licenza de obras de reforma e ampliación das instalacións do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), cun orzamento de execución material de 3.558.976,90 euros. 

Comentarios
Lo más