O alcalde mantén un encontro con representantes do sector da imaxe persoal

O alcalde mantén un encontro con representantes do sector da imaxe persoal
O alcalde mantén un encontro con representantes do sector da imaxe persoal

Xosé Sánchez Bugallo mantivo una xuntanza  no Pazo de Raxoi con representantes da plataforma Crer en nós, que integra a perruquerías, barberías e centros de estética da cidade.

A xuntanza tivo lugar antes da concentración que a plataforma organizou na praza do Obradorio para reclamar a redución do IVE dos servizos que prestan ao 10% e ser considerados servizo esencial.

O rexedor compostelán amosoulles o seu apoio e lembrou que o Pleno da Corporación aprobou o pasado mes de xaneiro unha moción conxunta, asinada polos catro grupos con representación municipal, na que se sumaban ás reivindicacións do sector.

Como sinalaba a moción, "trátase dun sector económico formado por máis de 150.000 traballadoras e traballadores en España, onde o 85% son mulleres autónomas. Xera uns 50.000 empregos indirectos". 

Comentarios