Segue o sol pero baixa o termómetro

Segue o sol pero baixa o termómetro
Segue o sol pero baixa o termómetro

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 25 graos

Durante o martes a situación sinóptica será moi semellante á do luns, continuando a influencia anticiclónica sobre Galicia, pero con entrada de aire húmido atlántico. Deste xeito, agárdanse ceos con poucas nubes en xeral, con brétemas costeiras na costa atlántica. Pola tarde medrarán nubes de evolución no interior, que mesmo poden dar lugar a algún chuvasco treboento. As temperaturas non terán cambios significativos ou lixeiros descensos. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable, con predominio do noroeste.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán pouco anubrados ou despexados. Haberá néboas matinais o martes e o mércores. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.





Fuente: MeteoGalicia



Comentarios
Lo más