Os casos activos suben de 12 mil en Galicia

Os casos activos suben de 12 mil en Galicia
Os casos activos suben de 12 mil en Galicia

A día de hoxe hai 11.888 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.037 deles 2.094 son da área da Coruña, 1.139 da de Lugo, 2.086 da de Ourense, 2.101 da de Pontevedra, 2.707 da área de Vigo, 1.455 da de Santiago e 455 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 128 en unidades de hospitalización e 11.888 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 128.387 persoas curadas, rexistrándose 2.443 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.474.362.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.286.123.

Comentarios