Oroso rexitra 28 casos de Covid nos últimos 14 días e demanda "prudencia e reponsabilidade" aos veciños

Oroso rexitra 28 casos de Covid nos últimos 14 días e demanda "prudencia e reponsabilidade" aos veciños
Oroso rexitra 28 casos de Covid nos últimos 14 días e demanda "prudencia e reponsabilidade" aos veciños

O Concello continúa nun nivel medio-baixo de restricións

O Concello de Oroso, como a maior parte dos municipios de Galicia, rexistrou nas últimas semanas un incremento dos novos casos de Covid-19.

En concreto, Oroso rexistrou 16 casos nos últimos sete días e 28 nas últimas dúas semanas. O concello continúa nun nivel medio-baixo de restricións e está en contacto permamente co centro de saúde e as autoridades sanitarias para facer un seguimento da situación epidemiolóxica.

O concello demanda “prudencia e responsabilidade” aos seus veciños e veciñas, xa que o incremento dos casos “é preocupante” e podería supoñer novas restricións por parte do comité clínico da Xunta.

O grupo de goberno orosán agradece o bo comportamento en xeral da poboación máis nova, pero advirte do aumento de positivos entre os adolescentes e a poboación de entre 20 e 30 anos, que aínda non está vacinada.

Ademais da saúde, está en xogo a supervivencia de numerosos establecementos comerciais e de hostalería, polo que o concello insiste en pedir “cautela nas interaccións sociais” para que Oroso continúe no mesmo nivel de restricións.

Comentarios