Padrón incorpora ao servizo municipal de recollida de lixo un novo camión recolector-compactador por 175.000

Padrón incorpora ao servizo municipal de recollida de lixo un novo camión recolector-compactador por 175.000
Padrón incorpora ao servizo municipal de recollida de lixo un novo camión recolector-compactador por 175.000

O alcalde de Padrón asegura que “este novo camión aumenta os medios do Concello, facilita o traballo dos nosos técnicos e supón tamén unha mellora na conservación do medio ambiente”

O Concello de Padrón incorporou  un novo camión recolector-compactador de lixo para o servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos. Un novo vehículo no que o Concello de Padrón investiu 174.179,50 euros e que foi recollido este martes polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, da man do responsable de Automoción La Junquera SL, empresa subministradora gañadora do concurso público.

Fernandez Angueira destaca que “este novo camión recolector-compactador de lixo aumenta de forma significativa os medios do Concello, facilitará o traballo dos nosos técnicos e suporá tamén unha mellora na conservación do medio ambiente”. Neste sentido, este novo  vehículo de 26 toneladas de peso dispón dun equipamento motor que reduce as emisións de CO2 á atmosfera, así como un sistema especial de arranque en frío, con temperaturas de ata -15 grados.

O camión ten tres eixos, un prazo de garantía de catro anos e unha capacidade de recollida de 23 metros cúbicos, o que mellorará as condicións de recollida da flota actual, composta por tres camións. “A nosa intención é seguir mellorando o servizo municipal de recollida de lixo, polo que tentaremos tramitar neste exercicio a adquisición dun novo camión de dous eixos”, adianta o alcalde de Padrón.

Comentarios
Lo más