Máis nubes e continúa baixando o termómetro

Máis nubes e continúa baixando o termómetro
Máis nubes e continúa baixando o termómetro

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 14 e os 25 graos

Durante o mércores Galicia estará nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, con entrada de aire frío en capas altas da atmosfera, o que dará lugar a certa inestabilidade. Deste xeito, agárdanse pola mañá brétemas costeiras e ceos con poucas nubes no resto. Xa pola tarde medrarán nubes de evolución no interior, que deixarán algún chuvasco treboento. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente norte en xeral.

En Santiago, teremos ceos con nubes e claros con momentos moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. Haberá néboas matinais  o mércores. Haberá precipitacións o venres. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente.

Fuente: MeteoGalicia

Comentarios