Galicia, a piques de superar a barreira dos 13 mil casos activos

Galicia, a piques de superar a barreira dos 13 mil casos activos
Galicia, a piques de superar a barreira dos 13 mil casos activos

A día de hoxe hai 12.715 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.889 deles 2.214 son da área da Coruña, 1.241 da de Lugo, 2.181 da de Ourense, 2.258 da de Pontevedra, 2.909 da área de Vigo, 1.580 da de Santiago e 506 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 12.715 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 128.627 persoas curadas, rexistrándose 2.443 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.481.253.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.309.925.

Comentarios