Acordo previo para o asinamento do primeiro convenio colectivo de TUSSA

Acordo previo para o asinamento do primeiro convenio colectivo de TUSSA
Acordo previo para o asinamento do primeiro convenio colectivo de TUSSA

Se debatió en asamblea y fue aceptado

Desde o comité de TUSSA, a empresa municipal de mobilidade de Santiago de Compostela, informan de que se chegou a un acordo previo para o asinamento do primeiro convenio colectivo que unifique as dispares condicións laborais. A representación legal do persoal coida que o texto é «satisfactorio», e foi sometido a pasada noite á asemblea de traballadores e traballadoras. Foi ratificado o que supón a desconvocatoria da folga prevista para esta fin de semana.

A este acordo previo chégase tras varias reunións nos últimos días cos responsables de TUSSA e tamén co Concello de Santiago. No documento recóllense as ferramentas para igualar as condicións laborais de todo o persoal, reguladas ata agora por tres convenios distintos.

Chegouse a acordo sobre cuestións como a antigüidade, o complemento de xornada partida, o complemento de domingos e festivos, máis a suba anual do 2020 —que estaba pendente—. Súmase, tamén, ao resto de pactos a que se chegara ata o bloqueo das negociacións en febreiro do 2020, cando boa parte do articulado estaba xa consensuado.

Comentarios