Calor pero cada vez con máis nubes

Calor pero cada vez con máis nubes
Calor pero cada vez con máis nubes

As temperaturas oscilarán entre os 14 e os 25 graos

O xoves irá aumentando a inestabilidade pola entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera. Agárdase unha xornada con nubes baixas e néboas nas comarcas próximas ao litoral. Pola tarde medrarán nubes de evolución que poden deixar algún chuvasco tormentoso, máis probable nas zonas altas das provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentras que as máximas seguirán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o venres e o sábado. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas en descenso moderado, a pesar de que oscilarán.

Fuente: MeteoGalicia

Comentarios