Galicia roza os 14 mil casos activos

Galicia roza os 14 mil casos activos
Galicia roza os 14 mil casos activos

A día de hoxe hai 13.788 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.963 deles 2.371 son da área da Coruña, 1.364 da de Lugo, 2.285 da de Ourense, 2.485 da de Pontevedra, 3.165 da área de Vigo, 1.721 da de Santiago e 572 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 13.788 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 129.036 persoas curadas, rexistrándose 2.443 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.488.919.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.331.572.

Comentarios