Piden que se instale unha rede e reoriente a iluminación na pista polideportiva do Carregal, no Eixo

Piden que se instale unha rede e reoriente a iluminación na pista polideportiva do Carregal, no Eixo
Piden que se instale unha rede e reoriente a iluminación na pista polideportiva do Carregal, no Eixo

Desde a súa posta en servizo, os usuarios destas instalación quéixanse de dous aspectos que desmerecen o grao de satisfacción e o acabado da pista

O grupo Municipal Popular, a través do seu concelleiro Evaristo Ben, presentará no vindeiro Pleno ordinario, deste mes de xullo, un rogo para solicítanlle ao Goberno local que dote dunha rede de protección e na pista polideportiva do lugar do Carregal, na parroquia santiaguesa do Eixo, co fin de evitar que os balóns, descendan polo desnivel que hai na zona e acaben no río e para que se reoriente a iluminación existente, co fin de que se dirixa cara ao terreo de xogo.

Evaristo Ben explica que, hai escasamente un mes, remataron os traballos para a construción dunha pista polideportiva multiusos no lugar de Carregal, unha actuación levada a cabo ao abeiro do Plan POS+ da Deputación da Coruña, que contou cun orzamento de preto de 126.000 euros a executar no prazo de dous meses.

Desde a súa posta en servizo, as persoas que habitualmente fan uso desa instalación fixéronos chegar unha queixa sobre dous aspectos que desmerecen o grao de satisfacción e o acabado que, en liñas xerais, a obra está a causar.

Segundo Ben Otero, as queixas prodúcense, sobre todo, pola ausencia dunha rede de protección que impida as continuas incomodidades e demoras que supón as caídas do balón polo forte desnivel que existe ata o leito do rego de Santa Lucía que discorre en paralelo ao terreo de xogo. Aínda que foi instalada unha rede na portería que dá á estrada de acceso, existe unha ampla zona sen protección que precisaría tamén deste elemento.

Por outra parte, “faise necesario tamén axustar a posición das pantallas de iluminación das dúas columnas para que estendan a luz ao longo de toda a pista, en lugar de concentrarse todas elas nun curto espazo, como están na actualidade, para ampliar as súas posibilidades de uso”, destaca o concelleiro Popular.

Comentarios
Lo más