Día do Apóstolo gris

Día do Apóstolo gris
Día do Apóstolo gris

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15  e os 22 graos

Durante o domingo estaremos nunha situación intermedia entre o anticiclón das illas dos Azores e unha borrasca centrada ó sur das Illas Británicas. Deste xeito, agárdanse ceos parcialmente nubrados en xeral con precipitacións máis probables na franxa atlántica pola mañá e tamén en zonas altas pola tarde. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos, do noroeste en xeral.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións o domingo pola mañá. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que ascenderán moderadamente.

Fuente: Meteogalicia

Comentarios
Lo más