Os fogos iluminaron a noite compostelá

Os fogos iluminaron a noite compostelá
Os fogos iluminaron a noite compostelá

A cidadanía de Compostela puido gozar, esta noite, cos fogos do Apóstolo, botados sincronizadamente desde cinco puntos da cidade, co obxectivo de evitar aglomeracións e facilitar o visionado dun espectáculo de luz e cor no que se utilizaron máis de 4.500 quilos de explosivo.


Por segundo ano consecutivo os fogos disparáronse desde distintas localizacións para facilitar o acceso da cidadanía a un espectáculo único. Estes puntos foron o parque Eugenio Granell, o parque Carlomagno-Fontiñas, Santa Susana-Alameda, As Cancelas e Monte Gaias-Cidade da Cultura de Galicia. Un espectáculo no que a lúa chea tamén foi protagonista sobre o ceo de Compostela.

Desde cada un destes puntos utilizáronse máis de 500 quilos de NEC (Neto Explosivo Contido), é dicir, a cantidade de explosivo que vimos en cada unha das explosións. Se se contabiliza tamén o utilizado para elevalos, a cantidade supera os 900 quilos en cada lugar de lanzamento.

Fuegos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, viu os fogos desde a terraza da Facultade de Historia. Tamén estaban presentes distintas autoridades, entre elas o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o reitor da USC, Antonio López; así como distintos integrantes da Corporación Municipal, entre eles varios membros do equipo de goberno.

A empresa encargada da montaxe, lanzamento e seguridade durante o lanzamento dos fogos foi Pirotecnia Ricardo Caballer, adxudicataria do contrato por un importe total, IVE engadido, de 269.355,68 euros. É unha empresa valenciana que destaca no sector da pirotecnia. Fundada en 1881, ao longo da súa traxectoria leva acadados numerosos premios. Entre eles o premio Júpiter de Ouro da 32 edición do festival "L'international des Feux Loto-Québec", que se celebra en Montreal (Canadá), o galardón máis importante do sector da pirotecnia a nivel mundial. Tamén será esta empresa a encargada de botar os fogos do día 31 desde o Monte do Gozo. 

Comentarios
Lo más