Recepción no Pazo de Raxoi aos Reis e ás Infantas, despois da Ofrenda ao Apóstolo

Recepción no Pazo de Raxoi aos Reis e ás Infantas, despois da Ofrenda ao Apóstolo
Recepción no Pazo de Raxoi aos Reis e ás Infantas, despois da Ofrenda ao Apóstolo

A Familia Real achegouse ao Pazo de Raxoi

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu a recepción a El Rei de España, Felipe VI; e o resto da familia real: a Raiña Letizia e as Infantas Leonor, Princesa de Asturias; e Sofía; que despois da Ofrenda ao Apóstolo se achegaron ata o Pazo de Raxoi. Xa en Alcaldía, todos eles asinaron no libro de Honra da Cidade de Santiago.

Na recepción tamén estiveron presentes Juan José Rivas González, Presidente do Tribunal Constitucional; Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia; Nadia Calviño Rivas, vicepresidenta Primeira do Goberno e Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital; Yolanda Díaz Pérez, vicepresidenta Segunda do Goberno e Ministra de Traballo e Economía Social; Miguel Á. Santalices Vieira, Presidente do Parlamento de Galicia; de José Miñones Conde, delegado do Gobierno en Galicia; e do Almirante Xeneral Teodoro E. López Calderón, Xefe do Estado Maior da Defensa. 

Comentarios
Lo más