O arcebispo pide ao Apóstolo unha "convivencia fraterna" en España e lembra ás vítimas de Angrois e da Covid

O arcebispo pide ao Apóstolo unha "convivencia fraterna" en España e lembra ás vítimas de Angrois e da Covid
O arcebispo pide ao Apóstolo unha "convivencia fraterna" en España e lembra ás vítimas de Angrois e da Covid

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, invocou a intercesión do Apóstolo para que "todos os pobos de España" manteñan unha "convivencia fraterna" e non esquezan as súas "raíces". A


O arcebispo Julián Barrio lembrou, na súa homilía, ás persoas que morreron no accidente ferroviario de Angrois, e ás falecidas pola pandemia; e agradeceu "a dedicación e entrega do persoa sanitario". Tamén pediu polos "peregrinos que chegar a venerar a túa tumba neste Ano Santo, e por todos os nosos gobernantes para que teñan fortaleza, xenerosidade e constancia na busca da renovación ética e moral da nosa sociedade".

Así o manifestou na homilía pronunciada este domingo 25 de xullo dun Ano Santo, durante a cerimonia da Ofrenda ao Apóstolo realizada persoalmente polo rei Felipe VI por segundo ano consecutivo, en compañía da raíña Letizia e as súas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía, que asistiron a este acto por primeira vez.

Ademais, a cerimonia deste 2021 implicou a volta da Ofrenda á Catedral compostelá, xa que en 2019 e en 2020 tívose que mover á Igrexa de San Martiño Pinario polas obras de restauración no interior da Basílica. 

Comentarios
Lo más