Trescentos empregados de Abanca fan o Camiño como apoio Xacobeo 21-22

Trescentos empregados de Abanca fan o Camiño como apoio Xacobeo 21-22
Trescentos empregados de Abanca fan o Camiño como apoio Xacobeo 21-22

Comezaron o itinerario, acompañados por 100 familiares e amigos, en Roncesvalles (Navarra); Irún (País Vasco); A Coruña, Ferrol e Fisterra (Galicia); Ponferrada (León); Sevilla, Málaga e Almería (Andalucía); Alacante (Comunidade Valenciana); Barcelona e Xirona (Cataluña) e Madrid

ABANCA iniciou este domingo, 25 de xullo, coincidindo coa festividade de Santiago Apóstolo, unha acción colectiva de apoio á celebración do Ano Santo Xacobeo 2021-2022, un evento recoñecido a nivel mundial do que o banco é patrocinador oficial, capaz de atraer millóns de visitantes a Galicia e cun grande impacto económico tanto nesta comunidade autónoma como no resto de territorios polos que pasan as distintas rutas.

Preto de 300 profesionais do banco acompañados por 100 familiares e amigos percorreron simultaneamente as etapas iniciais de sete dos camiños oficiais (Camiño Francés, Camiño Inglés, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Vía da Prata, Camiño de Inverno e Camiño de Fisterra) e catro das variantes recoñecidas que conflúen neles (Camiño Mozárabe, Camiño de Madrid, Ruta da La e Camiño Catalán).

Os participantes reuníronse nos puntos de partida das diferentes rutas, situadas en 13 localidades diferentes de España, e realizaron os primeiros tramos de cada traxecto gozando dunha xornada de confraternización. En concreto, iniciaron o percorrido en Roncesvalles (Navarra); Irún (País Vasco); A Coruña, Ferrol e Fisterra (Galicia); Ponferrada (León); Sevilla, Málaga e Almería (Andalucía); Alacante (Comunidade Valenciana); Barcelona e Xirona (Cataluña) e Madrid.

Ao longo dos vindeiros 12 meses, os profesionais do banco, acompañados por familiares e amigos que desexen unirse á iniciativa, completarán todas as etapas dos camiños ata confluír o 25 de xullo de 2022 na súa chegada a Santiago de Compostela.

Con esta acción, ABANCA quere contribuír a dar visibilidade á ruta xacobea, punto de encontro entre culturas desde hai séculos e eixe vertebrador de Europa e España de norte a sur e de leste a oeste, así como a difundir os valores que representa, como a convivencia pacífica, a hospitalidade, a solidariedade, o esforzo ou o desexo de mellorar.

Comentarios
Lo más