Tempo soleado en Compostela

Tempo soleado en Compostela
Tempo soleado en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 22 graos

Situación intermedia entre as altas presións dos Azores e as baixas localizadas sobre as illas Británicas durante este martes. Deste xeito as nubes baixas con algunhas chuvias febles no terzo norte e néboas que predominarán ao principio da xornada, retrocedendo ao longo da mañá para deixar unha tarde de ceo pouco nubrado ou despexado. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.

En Santiago, o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas sen cambios.

Fuente: MeteoGalicia

Comentarios
Lo más