Galicia supera os 18 mil casos activos

Galicia supera os 18 mil casos activos
Galicia supera os 18 mil casos activos

A día de hoxe hai 17.795 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.061 deles 3.324 son da área da Coruña, 2.000 da de Lugo, 2.257 da de Ourense, 3.024 da de Pontevedra, 4.348 da área de Vigo, 2.274 da de Santiago e 834 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 236 en unidades de hospitalización e 17.795 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 131.719 persoas curadas, rexistrándose 2.452 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.527.245.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.411.262.

Comentarios
Lo más