O Consello de Administración de ABANCA visita Santiago con motivo do Xacobeo

O Consello de Administración de ABANCA visita Santiago con motivo do Xacobeo
O Consello de Administración de ABANCA visita Santiago con motivo do Xacobeo


Os conselleiros acoden á Catedral, e o presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas Ratera, reúnense co alcalde do Concello, Xosé Sánchez Bugallo

ABANCA amosa o seu apoio á celebración do Ano Santo do Xacobeo 21-22 cunha visita institucional do seu Consello de Administración e do Consello Asesor de Bankoa a Santiago. Os conselleiros visitaron a Catedral de Santiago, onde puideron comprobar o estado do templo logo dos traballos de restauración que se levaron a cabo nos últimos anos en diferentes puntos da Catedral. Despois de entrar pola Porta Santa, asistiron ao ritual litúrxico da misa do peregrino, co tradicional voo do botafumeiro.

Antes de asistir á misa do peregrino, Juan Carlos Escotet Rodríguez e Francisco Botas Ratera foron recibidos no Pazo de Raxoi polo alcalde compostelán Xosé Sánchez Bugallo. Os tres representantes puideron intercambiar opinións sobre o desenvolvemento do Xacobeo 21-22, os desafíos despois da pandemia e os retos aos que se enfrontará a cidade nos vindeiros anos, á vez que os máximos representantes do banco quixeron reafirmar o seu compromiso coa cidade.

Con esta visita institucional do Consello de Administración a Santiago, ABANCA dá unha mostra máis do seu apoio ao Xacobeo 21-22, despois de converterse nun dos patrocinadores de referencia do Ano Santo.

Comentarios
Lo más