Tempo estable e sen cambios en Compostela

Tempo estable e sen cambios en Compostela
Tempo estable e sen cambios en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 13 e os 22 graos

A situación intermedia entre altas e baixas presións continuará durante esta xornada. Isto fará que de novo comecemos o día con nubes baixas e néboas en moitos puntos que irán desaparecendo co avance da mañá, para quedar unha tarde de ceo despexado no sur, con alternancia de nubes e claros no norte. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado pola tarde nas Rías Baixas.

En Santiago, o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados. Agárdanse precipitacións o venres pola mañá. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.

Fuente: MeteoGalicia

Comentarios