Padrón apoia a volta da Banda Municipal de Música á normalidade e promove sete concertos nas aldeas do municipio

Padrón apoia a volta da Banda Municipal de Música á normalidade e promove sete concertos nas aldeas do municipio
Padrón apoia a volta da Banda Municipal de Música á normalidade e promove sete concertos nas aldeas do municipio

Terán lugar ente os meses de agosto e setembro. A asistencia é libre e de balde

O Concello de Padrón apoia a volta á normalidade da Banda Municipal de Música de Padrón a través dun acordo de colaboración que propiciará a realización de sete concertos noutras tantas aldeas do municipio durante os meses de agosto e setembro. Unhas actuacións que, en todo caso, terán lugar ás 20:00 horas e serán de asistencia libre e gratuíta, ata completar o aforo que delimiten as autoridades sanitarias.

A concelleira de Cultura, Lorena Couso, explica que “dende o Concello de Padrón quixemos colaborar coas distintas agrupacións musicais do municipio, sobre todo despois de todo este tempo sen actuacións pola Covid. Por iso promovemos a actuación dos distintos grupos folclóricos ao longo do Verán Cultural e agora imos levar á Banda Municipal de Música a actuar polas distintas aldeas de Padrón”.

Programación

As actuacións darán comezo este domingo 1 de agosto no campo da Devesa de Extramundi e continuarán o venres 13 de agosto na Carballeira da Escravitude. O xoves 19 de agosto a Banda Municipal de Música de Padrón actuará no campo da festa de Iria Flavia para, un día despois, facer o propio no campo da capela de Pazos. A actuación no campo da festa de Carcacía pechará o ciclo de actuacións no mes de agosto.

Para setembro quedarán dúas citas: o campo do Santuario de Herbón (venres 3 de setembro) e o campo da festa da Ponte (sábado 4 de setembro). En todos os casos, o concerto dará comezo ás 20:00 horas e, en caso de choiva, suspenderase a actuación e fixarase unha nova data. O aforo de cada concerto estará determinado polas indicacións que no seu momento fagan as autoridades sanitarias, sendo a entrada libre e de balde.

Comentarios
Lo más