A presión hospitalaria baixa en Galicia e os novos contaxios de Covid descenden a 1.257

A presión hospitalaria baixa en Galicia e os novos contaxios de Covid descenden a 1.257
A presión hospitalaria baixa en Galicia e os novos contaxios de Covid descenden a 1.257

O impacto da quinta ola da covid vaise ralentizando en Galicia con 474 persoas enfermas máis que o día anterior, o menor incremento nos últimos 16 días

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.535 deles 3.530 son da área da Coruña, 2.100 da de Lugo, 2.223 da de Ourense, 3.041 da de Pontevedra, 4.378 da área de Vigo, 2.378 da de Santiago e 885 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 234 en unidades de hospitalización e 18.271 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 132.502 persoas curadas, rexistrándose 2.453 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.535.184

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.444.305.

Comentarios
Lo más