Lousame convoca un obradoiro gratuíto sobre banda deseñada para nenos e nenas de 6 a 16 anos

Lousame convoca un obradoiro gratuíto sobre banda deseñada para nenos e nenas de 6 a 16 anos
Lousame convoca un obradoiro gratuíto sobre banda deseñada para nenos e nenas de 6 a 16 anos

Un taller gratuíto e dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos

O Concello de Lousame convoca o obradoiro “O mundo do cómic”, que terá lugar o xoves 12 de agosto, ás 11:00 horas, na Casa da Cultura de Lousame. Un taller gratuíto e dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos, que deberán reservar a súa praza a través de Bando Ticket (https://bandoticket.com/events/obradoiro-o-mundo-do-comic).

O obradoiro terá unha duración de 60 minutos, nos que a rapazada aprenderá a distinguir os distintos tipos de banda deseñada segundo o formato: historietas, libros de cómic ou novelas gráficas. A concelleira de Cultura e Mocidade, Silvia Agrafojo, explica que “achegaremos aos nosos nenos e nenas á historia da banda deseñada e á súa influencia no mundo contemporáneo, repasando as orixes do cómic e contrapoñendo os cómics americanos ou europeos ao fenómeno manga xaponés”.

Este obradoiro está organizado polo Concello de Lousame, en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.

Comentarios
Lo más