Tempo gris e con chuvia

Tempo gris e con chuvia
Tempo gris e con chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 21 graos

O sábado Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Deste xeito, o ceo estará parcialmente nubrado na metade norte con precipitacións intermitentes no norte da Coruña e de Lugo. Nas provincias de Pontevedra e Ourense os ceos estarán con alternancia de nubes e claros en xeral. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso nas Rías Baixas.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións  o sábado e o domingo pola mañá. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso moderado.

Fuente: Meteogalicia

Comentarios
Lo más