Domingo gris e con chuvia en Compostela

Domingo gris e con chuvia en Compostela
Domingo gris e con chuvia en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 13 e os 20 graos en Santiago

O domingo aumentará a inestabilidade atmosférica polo achegamento a Galicia dos restos dun sistema frontal. Así, teremos un día de ceos nubrados en xeral, con chuvascos máis probables na metade oeste e norte de Lugo. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de dirección variable.

En Santiago,  ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións o domingo pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas en ascenso moderado.

Fuente; MeteoGalicia

Comentarios