Bugallo cree que non hai relación entre a afluencia de peregrinos e turistas e o aumento de contaxios

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aposta por seguir “traballando e garantindo que Galicia sexa un destino turístico seguro”

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, apostou por seguir “traballando e garantindo que Galicia sexa un destino turístico seguro”. Nesta liña, puxo de relevo que para Compostela xullo foi “un mes extraordinario”, coa presenza na cidade do xefe do Estado, de boa parte do goberno de España, a comezar polo presidente Pedro Sánchez, ou coa reunión do Real Padroado da capital galega.

Como único aspecto “non positivo” fixo referencia aos datos de evolución da covid, aínda que matizou que grazas á vacinación tanto as defuncións como o número de ingresos hospitalarios “son moitos menos” que en pasadas ondas.

O edil argumentou que os datos de contaxios nas cidades galegas son "moi semellantes", ao ser preguntado por unha posible repercusión do aumento de turistas, visitantes e peregrinos sobre a transmisión da Covid-19 na capital de Galicia.

Comentarios
Lo más