Piden mellorar os accesos e contorna do colexio Divino Maestro

Piden mellorar os accesos e contorna do colexio Divino Maestro
Piden mellorar os accesos e contorna do colexio Divino Maestro

O deputado popular Borja Verea trasladou que “uns terreos municipais, en metade do barrio de Santa Marta e na porta dunha escola, non poden estar neste estado de abandono e convertidos nun aparcamento ilegal.

Borja Verea, presidente dos populares composteláns, acompañado do concelleiro Jose Antonio Constenla visitaron as instalacións e os accesos ao colexio Divino Maestro no barrio de Santa Marta. Na visita estiveron acompañados por varios membros da ANPA así como pola directora da escola.

No encontro púxose en valor a calidade educativa do centro, especialmente no eido da educación especial, así como a evolución que está transformando o barrio nos últimos anos. Os pais e nais da ANPA compartiron os problemas de tráfico que se xeran na entrada principal en Blanco Nájera. A problemática supón que en moitas ocasións coincidan entrando e saíndo vehículos nesta rúa sen saída e polo tanto producíndose situacións de perigo. Neste senso Verea reclamou que “de cara ao novo curso escolar se dea unha solución para garantir a seguridade tanto dos pais como do resto de veciños que utilizan estos accesos”.

Ademais trasladaron a súa preocupación polo estado de abandono no que se atopan os terreos municipais que lindan coa escola na rúa de Emilia Pardo Bazán e que son utilizados como un aparcamento co perigo que supón para os rapaces e familias que utilizan esta entrada. Estes terreos nos meses de inverno convértense nun Lameiro. O deputado compostelán trasladou que “uns terreos municipais, en métade do barrio de Santa Marta e na porta dunha escola, non poden estar neste estado de abandono e convertidos nun aparcamento ilegal, o lóxico será arranxalos e darlle unha utilidade para todos veciños, dende un aparcamento ordeado ata unha zona verde de uso público”.

Na visita tamén aproveitaron para ver as instalacións da escola acompañados da directora.

Comentarios
Lo más