Suben casos activos e hospitalizados en Galicia

Suben casos activos e hospitalizados en Galicia
Suben casos activos e hospitalizados en Galicia

A día de hoxe hai 18.648 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.964 deles 3.946 son da área da Coruña, 2.266 da de Lugo, 1.871 da de Ourense, 2.947 da de Pontevedra, 4.684 da área de Vigo, 2.293 da de Santiago e 957 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 272 en unidades de hospitalización e 18.648 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 136.806 persoas curadas, rexistrándose 2.461 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.569.629.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.523.442.

Comentarios
Lo más