A semana comeza gris en Compostela

A semana comeza gris en Compostela
A semana comeza gris en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 24 graos

O luns Galicia recuperará transitoriamente a influencia anticiclónica e con presencia de aire frío en altura. Deste xeito, as nubes matinais iranse desfacendo quedando unha tarde de ceos pouco nubrados en xeral, con formación de nubes de evolución e algún chuvasco nas áreas de montaña. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso entre a Costa da Morte e as Rías Baixas pola tarde e zonas altas do interior.

En Santiago teremos ceos con nubes e claros ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar moi anubrados. Agárdanse precipitacións do martes pola noite ó mércores pola mañá. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en ascenso lixeiro, a pesar de que oscilarán.

Fuente; MeteoGalicia

Comentarios
Lo más