Galicia baixa do millar de contaxios diarios e suben os enfermos en planta

Galicia baixa do millar de contaxios diarios e suben os enfermos en planta
Galicia baixa do millar de contaxios diarios e suben os enfermos en planta

A día de hoxe hai 18.479 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.807 deles 4.002 son da área da Coruña, 2.257 da de Lugo, 1.763 da de Ourense, 2.925 da de Pontevedra, 4.577 da área de Vigo, 2.302 da de Santiago e 981 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 285 en unidades de hospitalización e 18.479 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 137.899 persoas curadas, rexistrándose 2.464 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.575.376.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.523.861.

Comentarios