Chega unha nova fronte que pode deixar chuvia

Chega unha nova fronte que pode deixar chuvia
Chega unha nova fronte que pode deixar chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 22 graos

O martes será un día en transición no que iremos perdendo a influencia das altas presións coa chegada dunha fronte a Galicia pola tarde. As nubes matinais iranse desfacendo quedando ceos pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes de tipo alto. Co avance da tarde aumentarán as nubes ao noroeste onde teremos chuvias febles. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, con intervalos fortes no litoral norte.



En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán moi anubrados. Haberá precipitacións o martes, o mércores e o xoves. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que descenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.

Fuente: MeteoGalicia


Comentarios
Lo más