O goberno local de Santiago cede terreos para o polo tecnolóxico e prevé que as obras comecen "nun mes"

O goberno local de Santiago cede terreos para o polo tecnolóxico e prevé que as obras comecen "nun mes"
O goberno local de Santiago cede terreos para o polo tecnolóxico e prevé que as obras comecen "nun mes"

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, aprobou  a segregación e concesión demanial da parcela CSIEB do EQ-02 do parque empresarial da Sionlla, a favor de Sionlla Biotech, S.L; e a concesión de licenza de obras a esta mesma sociedade, para a construción do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas . Explicárono en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.

Mediante o acordo de Xunta de Goberno, a parcela EQ-02 quedaría dividida en dúas. A cedida a Sionlla Biotech, denominada CSIEB, ten forma de triángulo obtusángulo redondeado no vértice sur. Destinada a equipamento e de natureza demanial (ben de dominio publico), conta con 10.233 metros cadrados de superficie e 3.000 metros cadrados de edificabilidade máxima. O se valor catastral é de 90.943,61 euros.


O acordo de Xunta de Goberno outroga a Sionlla Biotech, por un prazo de 25 anos prorrogables, por mutuo acordo previa solicitude, unha concesión demanial sobre a citada parcela; para que se destine á construción e posta en funcionamento do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas nas condicións que rexen a convocatoria a subvención do IGAPE.

A outra parte, a finca matriz, tamén se destinaría a equipamento, de natureza demanial. Conta con 31.608 metros cadrados de superficie e uns 17.000 metros cadrados de edificabilidade máxima.

A maiores, o executivo municipal acordou conceder a Sionlla Biotech licenza de obras para a construción do "Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas, (CSIEB)". Estaría cualificado na ordenanza 5 como equipamento comunitario e de nova construción.

A edificabilidade sería de 2.927,92 metros cadrados e a altura de 9 metros, con baix e unha planta, segundo explicou o alcalde. O orzamento de execución material é de 3.939.229,51 euros. Localizaríase na AV. de Murcia, número 3, no Polígono da Sionlla, e contaría cun prazo de inicio de obra de seis meses; e tres anos para o seu remate.

As obras so poderán iniciarse cando se presente Proxecto de execución visado que seña autorizado. 

Comentarios
Lo más