Máis de 600.000 euros en axudas ao sector comercial e hostaleiro

Máis de 600.000 euros en axudas ao sector comercial e hostaleiro
Máis de 600.000 euros en axudas ao sector comercial e hostaleiro

A Xunta de Goberno Loca  aprobou a convocatoria do procedemento de concorrencia para a selección da entidade colaboradora para a entrega e distribución das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería do Concello de Santiago, a través dos bonos Corazón Compostela.

En concreto aprobouse o texto do convenio entre o Concello de Santiago e a entidade colaboradora seleccionada para a entrega e distribución das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería do Concello de Santiago, a través dos bonos "Corazón Compostela"; así como o gasto de 38.115 euros en concepto de compensación económica á entidade colaboradora seleccionada; e o gasto de 600.000 euros co que está dotado este programa de dinamización e incentivación do comercio e hostalería local ante o impacto negativo da pandemia, denominado "Bonos Corazón".


Estes bonos poderán ser utilizados nos establecementos comerciais retallistas e hostaleiros, radicados no Concello e adheridos ao programa, segundo as condicións de participación establecidas na correspondente convocatoria de adhesión ao programa.

Outros acordos
Tamén se aprobou o expediente denominado Execución do proxecto "Mellora do vial dende o entorno da N-550 en Barciela ata Casas de Arriba en Cesar: tramo da igrexa de San Andrés de Barciela ata cruce de Candelabeira" (POS+Adicional 2/2020) e a apertura do procedemento de adxudicación baixo a modalidade aberto, establecéndose un tipo de licitación de 260.000 euros.

A maiores, deuse luz verde ao expediente denominado "Servizo de lacería para a recollida de animais abandonados, perdidos, domésticos ou salvaxes, de competencia municipal no Concello de Santiago de Compostela e a apertura do procedemento de adxudicación baixo a modalidade aberto, establecéndose un tipo de licitación de 67.804,77 euros.

Por outra banda, deuse conta da sentenza nº 255/2021, cuxo obxecto é a resolución de desistencia do CON/7/2018 para a xestión da Escola Municipal de Música. A sentenza, recorrible en apelación, desestima o recurso de ESPROADE, SL contra o acordo da Xunta de Goberno Local, polo que se desistiu de continuar co procedemento para a adxudicación do contrato de xestión da Escola de Música. 

Comentarios
Lo más