Máis de 200 persoas participaron na festa do Día do/a Neno/a de Frades

Máis de 200 persoas participaron na festa do Día do/a Neno/a de Frades
Máis de 200 persoas participaron na festa do Día do/a Neno/a de Frades

Con inchables, tren turístico, xogos e música en vivo

Algo máis de 200 persoas déronse cita esta fin de semana a piscina municipal de Frades para asistiren á celebración da décimo terceira edición do Día do/a Neno/a. Unha celebración que volveu estar marcada polas medidas de prevención fronte á Covid-19 e que motivou unha importante baixada no número de asistentes con respecto a anos anteriores, nos que se rexistrara unha media de 700 persoas.

DiadoNenoInchables

Aínda así, a oferta do Concello de Frades mantivo os grandes atractivos de anos anteriores como o inchable acuático, tren turístico, batalla de globos e xogos como o touro mecánico ou a táboa de surf. Iso si, aumentando a distancia entre os xogos, incrementando as medidas de desinfección e facendo que todas as persoas asistentes levaran a correspondente máscara de protección.


Antes da merenda, que este ano estivo acompañada de granizados e lambonadas, tanto crianzas como persoas adultas asistiron ao espectáculo musical de Pakolas “Rockeando con Ramona Órbita”. Unha actuación compartida por toda a familia, especialmente polos nenos e nenas que non deixaron de cantar e bailar os temas rockeiros de Pakolas.

Comentarios