Hostelería de Santiago traslada ao alcalde a súa preocupación polas cancelacións

Hostelería de Santiago traslada ao alcalde a súa preocupación polas cancelacións
Hostelería de Santiago traslada ao alcalde a súa preocupación polas cancelacións

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, reuniuse  cunha representación da nova directiva da asociación Hostelería Compostela, concretamente co seu presidente, Thor Rodríguez; e con Ramón García, xerente da entidade.

O rexedor ofreceulle "toda a colaboración" á nova entidade. "A hostalería é un servizo esencial, un sector económico, moi dinámico e moi importante para Santiago", sinalou. Por outra banda, o alcalde indicou que en Santiago "hai unha certa recuperación do turismo", basicamente de visitantes e peregrinos nacionais. Sánchez Bugallo está convencido que ao longo do outono, o sector irase recuperando, e a partír da primavera que ven "experimentará unha recuperación aínda máis notable


Sánchez Bugallo tamén amosou a súa preocupación polos datos de contaxios en Compostela, aínda que recoñeceu que "hai unha certa estabilización con tendencia á baixa, moi moderada. Pero de momento estamos nun escenario, de case 600 casos activos, que nos coloca nun nivel moi alto".

Pola súa banda, Thor Rodríguez, amosou a súa preocupación por como está afectando a pandemia á economía. Sinala que, a pesares de experimentar mellores datos en canto a turismo, "empeza a haber algunhas cancelacións en hoteis e, sobre todo, en restaurantes". Engade que a clientela "non acaba de entender moi ben como é a normativa do pasaporte covid ou da PCR, ou proba de farmacia, e isto está ocasionando algúns problemas e algunhas baixas en restaurantes e en hoteis". O presidente dos hostaleiros pide unha maior información sobre estes puntos.

Tamén sinala Thor Rodríguez que están "especialmente preocupados polo ocio nocturno", pechado no interior e cunha capacidade de terraza moi baixa, e pola "situación económica e situación psíquica do sector hosteleiro que se tivo que adaptar a moitos cambios". Un sector, engadiu, que sempre estivo disposto "a negociar e a acatar estas normas sanitarias que permitan que os seus espazos sexan seguros". 

Comentarios
Lo más