Recibimento no concello ao Arteal Tenis de Mesa

Recibimento no concello ao Arteal Tenis de Mesa
Recibimento no concello ao Arteal Tenis de Mesa

O club santiagués refórzase co talento e experiencia de André Silva

O Arteal Tenis de Mesa foi recibido  pola concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, no edificio do Concello de Santiago. 

No acto oficial, co que se quixo homenaxear ao equipo pola súa gran tempada na Superdivisión Masculina, na que acadaron o subcampionato, estiveron presentes o presidente, Jose Fernández Alborés e os xogadores Enio Mendes, director técnico e adestrador do club, e Humberto Manhani, xogador e adestrador. 

Ademais, o novo Arteal Sociedade Deportiva Compostela Tenis de Mesa, de cara á vindeira tempada, vén de reforzarse coa fichaxe do portugués André Silva, xogador de elite da máxima categoría nacional. Coa súa incorporación, os nosos loitarán, un ano máis, polo título de Liga.

Comentarios
Lo más