Tempo gris en Compostela

Tempo gris en Compostela
Tempo gris en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 23 graos

O mércores quedaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, coa fronte retirándose de Galicia durante a mañá. Amenceremos así con ceos moi nubrados en xeral e chuvias de carácter feble. Pola tarde a tendencia será a apertura de grandes claros. As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente e as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará de compoñente oeste frouxo, con intervalos moderados no litoral norte.

En Santiago prevense ceos moi anubrados nas próximas datas, ocasionalmente con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilarán.

Fuente; Meteogalicia

Comentarios
Lo más