A Avenida da Maía estará cortada ao tráfico por mor da Volta Ciclista Facebook

A Avenida da Maía estará cortada ao tráfico por mor da Volta Ciclista Facebook
A Avenida da Maía estará cortada ao tráfico por mor da Volta Ciclista Facebook

A Volta a España 2021 vai atravesar o concello de Ames o vindeiro domingo 5 de setembro. O paso da contrareloxo individual pola localidade de Bertamiráns obriga a cortar a Avenida da Maía dende as 13:30 horas ata as 20:30 horas. Os ciclistas sairán de Padrón ás 16:30, polo que, os primeiros participantes pasarán por Bertamiráns ás 16:57.

A etapa 21 da Volta a España percorre o concello de Ames cunha contrareloxo individual  que sairá de Padrón ás 16:30 horas. Agárdase que os primeiros ciclistas pasen por Bertamiráns ás 16:57 ata percorrer os 33,8 km que os separan da praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.

A Volta vai discorrer pola Avenida da Maía,  así como, polo tramo que vai dende o núcleo de Bertamiráns ata o fin do termo municipal de Ames, en Aldea Nova. O paso dos ciclistas obriga a un peche total do tráfico nestas rúas, quedando prohibida a circulación de vehículos dende as 13:30 horas ata as 20:30 horas do domingo 5 de agosto como recolle o bando publicado pola alcaldía este martes.

Dende o Departamento da Policía Local informan que os veciños e veciñas deberán sacar os vehículos dos garaxes e deixalos estacionados en rúas adxacentes, pois non se vai permitir a circulación dos mesmos pola Avenida da Maía.

Como alternativas á circulación establecen que os garaxes con número impar, marxe dereito sentido de circulación Santiago-Noia, que pretendan desprazarse, deberán acceder á AG-56 ou outras vías pola Avenida da Peregrina. Do mesmo xeito, os vehículos pertencentes aos garaxes con número par, marxe esquerdo sentido Santiago-Noia, teñen que desprazarse á N-550 ata a Casalonga ou á zona de Pardiñas (Santiago) para poder enlazar coa AG- 56.

No caso dos veciños e das veciñas da Aldea Nova permitirase unicamente a entrada e a saída pola rúa en que se atopa o Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames en dirección Quistiláns, pola estrada do Cemiterio municipal. Dende alí poderán continuar ata a zona de Pardiñas para enlazar coa AG-56.

Comentarios
Lo más