Times Higher Education sitúa un ano máis a USC entre as mellores do mundo

Times Higher Education sitúa un ano máis a USC entre as mellores do mundo
Foto; Santi Alvite
Times Higher Education sitúa un ano máis a USC entre as mellores do mundo

A institución compostelá destaca pola súa proxección internacional neste ránking integrado por máis de 1.600 universidades pertencentes a case un cento de países

A USC repite entre as mellores universidades do mundo na edición correspondente a 2022 do ránking que elabora Times Higher Education a través da análise de máis de 1.600 institucións pertencentes a 99 países. O intervalo 801-1000 é o ocupado pola Universidade nesta listaxe da que forman parte un total de 53 institucións españolas.

A clasificación está elaborada en base a trece indicadores de rendemento estruturados en cinco áreas: docencia (30% da valoración final), investigación (30%), citacións (30%), proxección internacional (7,5%), e transferencia de coñecemento (2,5%). A proxección internacional é o aspecto mellor valorado da USC, seguido do impacto das súas citas e da transferencia de coñecemento. 

108 millóns de citas analizadas

No relativo á proxección internacional, o ránking toma en consideración a habilidade de cada institución para captar alumnado foráneo, así como a proporción de persoal procedente doutros países e o nivel de colaboradores internacionais, isto é, o número total de publicacións relevantes que teñen polo menos un co-autor internacional.

A transferencia de coñecemento pon o foco na capacidade da institución por nutrir con innovación á industria, mentres que as citacións poñen en evidencia a influencia investigadora da Universidade. Na edición deste ano, examináronse máis de 108 millóns de citas de 14,4 millóns de artigos de revistas, recensións de artigos, actas de conferencias, libros e capítulos de libros publicados durante cinco años. Os datos inclúen máis de 24.600 revistas académicas indexadas pola base de datos Scopus de Elsevier e todas as publicacións indexadas entre 2016 e 2020. Tamén se recompilan as citas realizadas a estas publicacións entre 2016 e 2021.

Comentarios