Un total de 57 persoas participaron nos cursos de natación do Concello de Frades

Un total de 57 persoas participaron nos cursos de natación do Concello de Frades
Un total de 57 persoas participaron nos cursos de natación do Concello de Frades

Un total de 57 persoas, 44 nenos e nenas e trece persoas adultas, participaron nos Cursos de Natación organizados polo Concello de Frades.

Unhas clases que tiveron lugar nas instalacións da piscina municipal de Frades nos meses de xullo e agosto. O alcalde de Frades, Roberto Rey, e os concelleiros de Deportes, Juan Carlos Portos Bra; e Piscina Municipal, Jesús Francos Sánchez, foron os encargados de entregar os correspondentes diplomas acreditativos ás persoas participantes, así como unhas lambonadas para as crianzas.

O Concello de Frades quere aproveitar para agradecer, unha vez máis, o comportamento exemplar da gran maioría das persoas que asistiron ás instalacións respectando as normas contra a Covid-19, sobre todo dos máis pequenos/as, que seguen dando exemplo de bo facer durante estes tempos de pandemia.

Comentarios