Oroso comeza as obras dun circuíto 'Pumb Track' para bicicletas

Oroso comeza as obras dun circuíto 'Pumb Track' para bicicletas
Oroso comeza as obras dun circuíto 'Pumb Track' para bicicletas

O Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas que esta mesma semana comezaron as obras de construción en Porto Avieira dun circuito ‘Pumb Track’ para bicicletas.


Tera unha lonxitude de máis de 800 metros e un ancho variable de entre 2,40 e seis metros. Para a súa construción, utilizarase zahorra e outros materiais adecuados ao entorno natural.

O circuito foi unha petición do Club Ciclista Oroso ao concello. “Considerámolo unha boa iniciativa para fomentar os hábitos de vida saudables e o deporte entre os nenos e nenas”, explica Antonio Leira, concelleiro de Deportes.

Dentro desa aposta e na mesma zona de Porto Avieira, se porá en marcha tamén un novo circuíto de lecer e multideporte, ao redor do campo de hípica e de béisbol, no que se poderán practicar varias modalidades deportivas andando, correndo, en bicicleta ou patinete.

Outros proxectos deenvolvidos recentemente na zona foron a zona de esparexemento canina e a recuperación da mina das Grobias (actualmente en proceso), mellorando os servizos e infraestruturas para os veciños.


Comentarios