Cayetano Lledó volve a Lousame o domingo 19 de setembro cun espectáculo de maxia cómica

Cayetano Lledó volve a Lousame o domingo 19 de setembro cun espectáculo de maxia cómica
Cayetano Lledó volve a Lousame o domingo 19 de setembro cun espectáculo de maxia cómica

Entrada de balde, reservas en www.bandoticket.com


A Casa da Cultura de Lousame acollerá o domingo 19 de setembro, ás 20:00 horas, o espectáculo de maxia cómica “Le cirque de François Lafayette”, da man do exitoso mago Cayetano Lledó. Unha obra de teatro e maxia para toda a familia que será de acceso gratuíto, previa reserva da entrada a través da plataforma www.bandoticket.com.

“Le Cirque” é un espectáculo inspirado tanto no teatro clásico como nas correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico de Cayetano Lledó. As persoas que asistan en Lousame descubrirán o mundo do circo baixo a visión fresca e renovada do home que revolucionou as artes circenses fusionadas coa maxia: François Lafayette. Un espectáculo que foi aclamado en múltiples cidades e vilas de todo o mundo, que rescatou o cabaret e que agora chega a Lousame.

O espectáculo suporá a volta de Cayetano Lledó a Lousame, onde ten realizado numerosas actuacións nos últimos anos pero onde non actuaba dende o pasado decembro de 2018. O espectáculo está organizado polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña.

Comentarios
Lo más