Brión retoma as actividades para maiores para o curso 21-22

Brión retoma as actividades para maiores para o curso 21-22
Brión retoma as actividades para maiores para o curso 21-22

No centro social polivalente

O Concello de Brión retoma as actividades para maiores no centro social polivalente para o curso 2021/2022, despois da suspensión deste tipo de actividades dende a declaración da pandemia de Covid-19. Unhas actividades que darán comezo o vindeiro luns 4 de outubro “e nas que para asegurar as medidas de protección fronte á Covid podería ser necesario modificar algún grupo ou algún horario con respecto a anos anteriores”, adianta a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero.

O prazo de matrícula estará aberto ata o venres 17 de setembro no teléfono 981 50 99 10. As actividades que se ofertan para veciños e veciñas maiores de 60 anos son: piscina, ximnasia, mente activa, informática e grupo de teatro. Así mesmo, ofértase un obradoiro de manualidades, pero sen ningún tipo de restrición por idade.

O Concello de Brión decidiu retomar as actividades para maiores no polivalente despois da exitosa experiencia das xornadas de reencontro organizadas durante este verán, no que os maiores de Brión volveron a encontrarse despois dun ano coas actividades paralizadas pola Covid-19. 

Comentarios