As obras do Hórreo “están indo ben” , según Bugallo

As obras do Hórreo “están indo ben” , según Bugallo
As obras do Hórreo “están indo ben” , según Bugallo

Sánchez Bugallo deu conta en roda de prensa das principais obras en transcurso na cidade

Sobre a reurbanización do tramo da rúa do Hórreo situado fronte á intermodal, o alcalde sinalou que, contaba cunha “complexidade importante”, pero “está indo ben”, a pesares “das probas de carga que tivemos co inicio do curso escolar”. 

Sobre a obra da zona de Concheiros, sinalou que a apertura da circulación na Avenida de Lugo cara Rodríguez de Viguri, “permitirá unha mellora na conectividade da zona”. En relación o asfaltado da rúa dos Concheiros, resaltou o “gran esforzo da empresa,  pelexando contra os elementos. Intentarán de novo asfaltar esta noite, e se non o sábado. Téñense que dar as condicións para que fragüe”, indicou.  

Sánchez Bugallo tamén destacou que se está “facendo todo o que se pode para mellorar as condicións de accesibilidade da veciñanza. E neste sentido imos traballar. Temos 22 obras vinculadas o remanente de tesourería, co obxectivo de rematalas antes do 31 de decembro”. O rexedor adiantou que “desde o Ministerio de Facenda xa nos comunicaron que a súa intención era manter as regras fiscais para 2022, pero está pendente da aprobación do congreso. Isto permitiría, engadiu, financiar as obras non finalizadas a final de ano, con cargo os remanentes. 

Comentarios
Lo más