Sánchez Bugallo "espera" o borrador dos presupostos de 2022 para outubro e a súa aprobación antes de finales de ano

Sánchez Bugallo "espera" o borrador dos presupostos de 2022 para outubro e a súa aprobación antes de finales de ano
Sánchez Bugallo "espera" o borrador dos presupostos de 2022 para outubro e a súa aprobación antes de finales de ano

O alcalde tamén falou sobre os comedores escolares

Sobre os orzamentos de 2022, o alcalde sinalou que a intención do Grupo de Goberno “é ter formulado un borrador para finais de outubro, aínda que, aclarou,  “esperamos a que por parte da Xunta e do Goberno Central se presenten os respectivos orzamentos”, xa que, explicou, a maioría do orzamento municipal é tributario dos presupostos do Estado. A partir de aí, continuou, iniciaríanse os contactos co resto de grupos da Corporación Municipal, “para intentar conseguir a súa aprobación antes de final de ano”. 

Estes orzamentos presentánse, sinalou, “coa intención de acadar un acordo viable. Imos intentalo. Oxalá atopemos unha actitude receptiva. A nosa intención é, se podemos, pechar un acordo, aínda que sexa de abstención”. 

Comedores

A preguntas dos xornalistas, o alcalde aclarou que as familias que non puideron facer uso do comedor son familias que ou ben non se deran de alta na aplicación ColeChef; ou ben si se deran de alta pero non chegaron a contratar o servizo. 

O concello vai ter en conta a esas familias que non se inscribiron ou non contrataron o servizo, e xa abriron hoxe, de xeito excepcional, esas inscricións para que os escolares que o precisen, poidan acudir ao servizo de comedor o luns. 

A inscrición debe facerse a través da aplicación ColeChef. Agora ben, desde o departamento de Educación aclaran que acreditada a imposibilidade de dispoñer dos medios para facelo, inclúese ao escolar nas listaxes cos servizos que a familia manifeste de forma manual, especialmente cando son familias vulnerables.

Comentarios